IMAXES MÁIS QUE PALABRAS: O material gráfico no TFG

LONGA {e divertida} noite do TFG

Facultade de Filoloxía, 13 de febreiro 2020 (1ª edición 25 de febreiro de 2019 +info)

OBRADOIRO (Resultados da SODAXE INICIAL 2020)

18:30h D08

Book of Abstracts 

Longa Noite Reloaded.pdf
Longa noite do TFG 2020 - programa.pdf

A incorporación de elementos gráficos no TFG pode ter unha finalidade tan só ilustrativa ou pode ademais constituír unha estratexia primordial para facilitar a argumentación ou presentar datos de maneira clara e sinóptica. No espazo deste obradoiro consideraremos a xestión e elaboración eficiente de imaxes, figuras, táboas, gráficos e outras representacións.

En galego

 

(Resultados da SONDAXE INICIAL 2019)

GLOSARIO

cadro Conxunto de datos, exposición dun tema, etc., presentados graficamente de modo claro e ordenado de maneira que permite abranguer todo dunha vez coa vista. Ao final de cada lección hai un cadro. SINÓNIMO cadro sinóptico [DRAG]

diagrama Figura gráfica que serve para resolver un problema, representar unha lei, a evolución ou variación dun fenómeno etc. [DRAG]

figura Debuxo que acompaña e ilustra o texto dun libro. SINÓNIMOS ilustración, imaxe [DRAG]

gráfica, gráfico Liña ou debuxo que representa a variación, a evolución ou os diversos graos ou estados dun fenómeno. Representación de algo por medio dun debuxo. Gráfico. [DRAG]

infografía Conxunto de textos sinxelos e imáxenes esquemáticas que compoñen a información esencial sobre un documento, un concepto, un tema, un personaxe ou un suceso.

liña de tempo Imaxe gráfica de elementos que se suceden nun eixe secuencial, que adoita ser cronolóxico. Pode secuenciarse por evento, por data ou por horas dentro dun periodo de tempo determinado.

mapa conceptual Conxunto de conceptos ou ideas organizados e conectados de forma esquemática e sinxela en forma de rede, como resumo ou presentación dun tema ou dunha argumentación sobre un tema.

nube de palabras ou de etiquetas Representación visual do conxunto das palabras máis empregadas nun texto. O habitual é que as formas máis repetidas aparezan nun tamaño maior, destacadando así sobre o resto.

táboa Cadro de números ordenados conforme a un método para facilitar a obtención duns determinados valores. Táboa de multiplicar. Táboa de pesos e medidas. Táboa de cálculos. Relación ordenada e sistemática de determinadas materias, que permite consultalas ou localizalas rápidamente. Táboa de prezos. SINÓNIMO lista [DRAG]

[DRAG = Dicionario da Real Academia Galega]

DIAPOSITIVAS 2020 Imaxes máis que palabras 2020.pdf [DIAPOSITIVAS da 1ª edicion]

CATEGORIAS

Cadro resumo, cadro sinóptico

Figura (esquema, outro tipo de figuras), poden ser imaxes e fotografías

Gráfica sinxela de datos - tipoloxía máis abaixo

Imaxe - fotografía

Infografía

Liña de tempo (por exemplo para a cronoloxía da obra dunha autora)

https://www.readwritethink.org/files/resources/interactives/timeline_2/

https://www.timetoast.com/

Escala de tempo básica (en PowerPoint-SmartArt)

Mapa conceptual (por exemplo coa estrutura do TFG)

https://creately.com/diagram-products#online

Nube de palabras

https://www.nubedepalabras.es/

https://tagcrowd.com/

Para saber máis

Educación 3.0 (05.09.2018). Cómo crear una nube de tags y sus usos en el aula. <https://bit.ly/2UexXxy> [acceso 13.02.2020].

Ferrer, V., M. Carmona & V. Soria (Eds.) (2013). El trabajo de fin de grado. Guía para estudiantes, docentes y agentes colaboradores. Madrid: McGraw-Hill.

Knaflic, C. N. (2010). Storytelling with data. Disponible en <https://www.storytellingwithdata.com/> [acceso 13.02.2020].

Lima, M. (2014). The book of Trees: Visualizing Branches of Knowledge. New York: Princeton Architectural Press.

Lima, M. <www.visualcomplexity.com>

Marina, J. A. (2019). Historia visual de la intligencia. Barcelona: Limpergraf.

Mejía Llano, J. C. (10.05.2018). Cómo hacer una infografía: qué es, herramientas gratis para diseñar un infograma y guía paso a paso. <https://bit.ly/2sDmg7d> [acceso 13.02.2020].

Presenta tu TFG/TFM con estilo (2016). Biblioteca universitaria de Oza. Universidade da Coruña. Disponible en <https://bit.ly/2GSUOew> [acceso 13.02.2020].

¿Qué es un mapa conceptual? Cómo hacderlos y ejemplos. Tu gimnasia cerebral <https://tugimnasiacerebral.com/mapas-conceptuales-y-mentales/que-es-un-mapa-conceptual> [acceso 13.02.2020].

Sobre gráficos

Excel. Crear gráficos estadísticos. Introducir datos Excel y crear gráficas. Tutorial de Saber Programas en español. Vídeo de 7:55’ <https://www.youtube.com/watch?v=04pGYGNxRZY> [publicado el 28.11.2014, acceso 13.02.2020].

Crear gráficos estadísticos en Excel según el tipo de datos. Tutorial de Saber Programas en español. Vídeo de 9:03’ <https://www.youtube.com/watch?v=cucK3A0BXEk> [publicado el 08.05.2017, acceso 13.02.2020].

  1. Diagrama de sectores ou gráfico circular (para variables cualitativas que suman un 100%)
  2. Diagramas de barras horizontais (para representar series, as categorías no eixo vertical)
  3. Gráfico de columna agrupada (para comparar valores de diferentes categorías)
  4. Gráfico combinado (valores de datos de diferente natureza nun mesmo gráfico e para unha mesma categoría)
  5. Gráfico de liñas (para representar grandes cantidades de datos que se recollen durante un periodo de tempo continuado)
  6. Gráfico radial (cando as categorías non son directamente comparables)

Gráficos Excel - Todo lo que necesitas saber por Quique Arranz. <https://excelyvba.com/graficos-excel-guia-completa/> [acceso 13.02.2020].