Normas para indicar las referencias bibliográficas

Extracto adaptado de las Normas para la presentación de trabajos a la revista Verba (Anuario Galego de Filoloxía):

8ª) As citas curtas que non superen as tres liñas situaranse entre comiñas dobres no texto principal e levarán letra redonda (nunca cursiva) de corpo once. As citas máis longas colocaranse en parágrafo á parte, con sangría pola esquerda, con letra de corpo dez e, se se desexa, tamén con comiñas dobres. Unha cita dentro doutra cita marcarase con comiñas simples.

9ª) Cando se propoñan exemplos, estes poderanse situar fóra do texto ou incorporados a el. Se se opta pola primeira posibilidade, a primeira letra do exemplo será maiúscula e a letra empregada a redonda. Véxase un exemplo:

Imos analizar as seguintes secuencias:

         A) Acabo de chegar de Lisboa.

         B) Mañá marcho para París.

Se se opta por incorporar os exemplos ao texto do traballo, deberase comezar con minúscula e utilizarase a cursiva. Exemplo:

Imos analizar as secuencias acabo de chegar de Lisboa e mañá marcho para París.

11ª) Coa bibliografía citada ao final do traballo, recoméndase que as referencias se introduzan entre parénteses dentro do propio texto e de acordo con algún dos seguintes dous sistemas:

         A) (Ferreira, 1989, p. 47).

         B) (Ferreira 1989: 47).

Ás veces os nomes dos autores citados poderán ir dentro do propio texto, e non entre parénteses. Véxanse estes exemplos:

         A) Como xa sinalou Schmitt, 1988, p. 33, o portugués...

         B) Como xa sinalou Schmitt (1988: 33), o portugués...

13ª) Sexa cal sexa o sistema de notas que se empregue, procédase sempre de maneira clara, coherente e sistemática. Por outra banda, recomendamos que non se abuse delas, de tal maneira que vaia no propio corpo do traballo todo aquilo que poida aparecer nel. Así mesmo, aconsellamos que as notas non sobrepasen as dez liñas de extensión.

14ª) As obras citadas no texto se relacionarán ao final do traballo seguindo a orde alfabética.

As fichas bibliográficas de libros, artigos de revista ou colaboracións integradas en obras colectivas compoñeranse seguindo algún dos seguintes dous sistemas:

a) 
Ferreira, J. de Azevedo, Bibliografia Selectiva da Língua Portuguesa, Lisboa, ICALP, 1989.

Fernández Rei, F., “Posición do Galego entre as linguas románicas”, Verba 15, 1988, pp. 79-107.

Granda, G. de, “La Lingüística Románica y su contribución a la teoría general de la Gramática Histórica”, en F. Marcos Marín (coord.), Introducción plural a la gramática histórica, Madrid, Cincel, 1983, pp. 259-288.

b)
Ferreira, J. de Azevedo (1989): Bibliografia Selectiva da Língua Portuguesa. Lisboa: ICALP.

Fernández Rei, F. (1988): "Posición do Galego entre as linguas románicas", Verba 15, pp. 79-107.

Granda, G. de (1983): "La Lingüística Románica y su contribución a la teoría general de la Gramática Histórica", en F. Marcos Marín (coord.): Introducción plural a la gramática histórica. Madrid: Cincel, pp. 259-288.

 

Recórdese que, sexa cal sexa o sistema de ficha bibliográfica que se utilice, poderase poñer só a inicial ou iniciais do nome ou nomes do autor ou autores ou ben escribilos por enteiro.